Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
É que hai que saber de todo... Senón temos intelixencia e cultura... Que nos queda?... Neste artigo gustaríame falar dunha lírica pouco coñecida e que rompe as barreiras da creatividade e orixinalidade... O haicus... Estes poemas proveñen do imperio do sol nacente, é unha das estructuras poéticas máis tradicionais dos nipóns... Previo ó haiku (é con k a forma orixinal, aínda que ó pasalo ó galego escribímolo con c), existía o hokku, pero no século XIX, Masao Shiki separou o hokku e creou o primeiro haicu, sendo así o creador e primeiro escritor de haicus da historia... O haicu son tres versos cuxa estructura consta de cinco, sete e cinco sílabas, e están carentes de rima. A palabra clave destes poemas é o kigo, o cal fai referencia á estación do ano na que situaríamos a poesía... Segundo algúns pensadores, o haicu debería fusionar dúas imaxes, creando unha no primeiro verso, outra no segundo e uníndoas no terceiro e último verso, de forma que cree un binomio fantasioso... Á pausa realizada nun dos dous primeiros versos, para dárlle cohesión o poema denomínase kireji... Pero todas estas regras soen ser quebrantadas, e acábanse facendo haicus sen facer caso nin sequera á estructura... Estes poemas soían reflexar paisaxes, lugares, panorámicas, cabios de estacións e tamén referencias o tempo atmosférico... Pero agora calquera cousa pode ser "haicuada"... |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras